Os nutrintes
Os nutrintes son sustancias químicas básicas que as células necesitan para vivir. Estas sustancias atopámolas nos alimentos. Un alimento pode estar formado por un ou varios nutrintes. A maior parte dos nutrintes aportan enerxía ás células, máis cada tipo aporta distinta cantidade: - os glúcidos aportan unhas 4 kcal por gramo - os lípidos aportan unhas 9 kcal - as proteínas, unhas 4 kcal. A cantidade de enerxía que necesita cada organismo vai depender de diversos factores, como o sexo, a ideade o peso ou, principalemente, da actividade física que realiza. E importante que cando merquemos alimentos nos centros especializados, nos fixemos nas etiquetas: Ímonos fixar nas etiquetas dos productos que temos na casa: están ben etiquetadas? aportan información relevante? que outras cousas creedes que deberíamos atopar nas etiquetas? Se a alimentación é fundamental para a saúde, fixémonos no que comemos!