A alimentación e a saúde
Comezamos unha nova unidade na que tentaremos acadar os seguintes obxectivos: - describir os factores que determinan a saúde e a doenza - coñecer os nutrintes e as súas propiedades - identificar as dietas saudables - establecer cales son os hábitos de vida saudables. Xa sabemos que a alimentación é fundamental para a saúde. Sabemos tamén que certas sustancias, como o tabaco , as drogas ou o alcohol, causan moito dano na nosa saúde. Imos primeiro a definir o que é a saúde. Segundo a OMS a saúde é: " un estado de completo benestar físico, mental e social, e no soamente a ausencia de afecciones o doenzas". No diccionario da Real Academia galega atopamos que saúde é :" Bo estado e funcionamento do organismo". Polo tanto, a definición da OMS amplía o concepto básico de saúde como oposición a doenza e inclúe outros facto res. Varios factores, pois, inflúen na saúde: De todos, ímonos centrar nos factores nutricionais e nos hábitos de vida, porque dependen máis directamen...