A alimentación e a saúde

Comezamos unha nova unidade na que tentaremos acadar os seguintes obxectivos:

- describir os factores que determinan a saúde e a doenza
- coñecer os nutrintes e as súas propiedades
- identificar as dietas saudables
- establecer cales son os hábitos de vida saudables.

Xa sabemos que a alimentación é fundamental para a saúde. Sabemos tamén que certas sustancias, como o tabaco , as drogas ou o alcohol, causan moito dano na nosa saúde.
Imos primeiro a definir o que é a saúde. Segundo a OMS a saúde é: "un estado de completo benestar físico, mental e social, e no soamente a ausencia de afecciones o doenzas". No diccionario da Real Academia galega atopamos que  saúde é :"Bo estado e funcionamento do organismo". Polo tanto, a definición da OMS amplía o concepto básico de saúde como oposición a doenza e inclúe outros factores.
Varios factores, pois, inflúen na saúde:


De todos, ímonos centrar nos factores nutricionais e nos hábitos de vida, porque dependen máis directamente do individuo.
Para traballar isto, faremos dúas cousas:
    - facer unha listaxe do que comemos normalmente nunha semana
- mirar as etiquetas de productos básicos que hai nas nosas casas e facer unha lista de os ingredientes.
A investigar!


Comentarios

Publicacións populares deste blog