Comezamos coa primeira unidade deste curso para 3º da ESO.
A unidade chámase
ORGANIZACIÓN XERAL DO CORPO HUMANO (CÓMO ESTAMOS FEITOS?)
Nesta unidade aprenderemos a:
Identificar as unidades fundamentais dos seres vivos
Diferenciar os distintos tipos de células.
Establecer os niveis de organización da materia viva.
Diferenciar os tecidos máis importantes do ser humano.
Para esta unidade faremos o primeiro dos proxectos do curso: o Proxecto Célula. Este proxecto consiste na realización dunha maqueta, debuxo, ou estructura en calquera outro soporte, dunha célula animal ou vexetal. O proxecto ten dúas partes:
- unha parte escrita, que consiste nun documento no que se describa a célula, as súas partes e funcións de cada unha delas.
- unha parte artística na que se debuxa o constrúe unha célula con cada unha das súas partes ven representada. Se valorará a orixinalidade pero tamén a exactitude na representación.




Comentarios
Publicar un comentario