Publicacións

A alimentación e a saúde

Imaxe
Comezamos unha nova unidade na que tentaremos acadar os seguintes obxectivos: - describir os factores que determinan a saúde e a doenza - coñecer os nutrintes e as súas propiedades - identificar as dietas saudables - establecer cales son os hábitos de vida saudables. Xa sabemos que a alimentación é fundamental para a saúde. Sabemos tamén que certas sustancias, como o tabaco , as drogas ou o alcohol, causan moito dano na nosa saúde. Imos primeiro a definir o que é a saúde. Segundo a OMS a saúde é:  " un estado de completo benestar físico, mental e social, e no soamente a ausencia de afecciones o doenzas". No diccionario da Real Academia galega atopamos que  saúde é :" Bo estado e funcionamento do organismo". Polo tanto, a definición da OMS amplía o concepto básico de saúde como oposición a doenza e inclúe outros facto res. Varios factores, pois, inflúen na saúde: De todos, ímonos centrar nos factores nutricionais e nos hábitos de vida, porque dependen máis directamen...

Repaso

Para rematar a Unidade, imos facer un boletín de reforzo e repaso. https://drive.google.com/file/d/1Dp0iIDkZiLecK47f-3LGzNS59UrlA8hG/view?usp=sharing Tamén podedes ampliar e profundizar no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1MFxT0FL0mwS-NwJj_oNVRqW7IVIyLCcG/view?usp=sharing Temos que lembrar nesta unidade:     - os tipos de células e as súas características     - os orgánulos e as súas funcións     - os niveis de organización da materia      - os tipos de tecidos e as súas funcións principais     - a organización xeral do corpo humano. E pasaremos a seguinte unidade. Moito ánimo!

Esquema

Imaxe
Hoxe temos un pequeno esquema sobre os tecidos. Facer esquemas é unha maneira doada de resumir a información e mantela accesible para o momento do estudo e do repaso. Aconséllovos  que fagades esquemas en cada unidade. Podédelos facer de toda a unidade o de partes dela. Decorádeos, deixádeos bonitos, podedes engadir debuxos ou fotos, calquer cousa , para que queden máis atractivos. Xa veredes como é doado e moi útil. No seguinte enlace atoparedes moita información de utilidade e exemplos de tecidos. https://mmegias.webs.uvigo.es/

Os niveis de organización

Imaxe
A evolución da vida deu lugar a organización cada vez máis complexa da materia. Dende os átomos elementais ata os grandes biomas, a materia organízase en niveis de complexidade crecente. Unha especie coma nos, por exemplo , está no nivel organismo, pero contén todos os niveis inferiores e tamén forma parte dos niveis superiores.

Emparella o orgánulo!

Deixovos un pequeno e doado xogo para que repasedes as partes da célula. Nel so tendes que emparellar cada orgánulo ou parte de célula coa sua función. https://www.educaplay.com/learning-resources/6400373-organulos.html Animádeos!

Os orgánulos

Un pequeno vídeo onde imos ver os orgánulos que forman parte das células eucariotas. Lembremos que as células eucariotas son aquelas que teñen o material xenético dentro dun núcleo. As células procariotas non teñen núcleo verdadeiro, polo que o seu material xenético atópase no citoplasma. As células eucariotas son de dous tipos: animais e vexetais. A principal diferenza é que as células vexetais teñen parede celular e cloroplastos. Ademáis, as vacuolas nas células vexetais son moito máis grandes. Os centrómeros das células animais forman o fuso durante a mitose. As células son as unidades fundamentais. Existen seres vivos unicelulares, formados por unha soa célula, e tamén pluricelulares. Nos organismos máis complexos, as células especialízanse en diversas funcións e forman tecidos, aparellos e órganos. Nos próximos posts, imos traballar sobre esto. Unha aperta!

A célula

Imaxe
Preséntovos unha pequena infografía sobre a célula. Agora tentadeo vos!